Please enable JS

O equipo feminino, Muralla-Campus Ourense xogará a final da Liga Galega de Rugby

O equipo feminino, Muralla-Campus...

O equipo feminino, Muralla-Campus Ourense xogará a final da Liga Galega de Rugby

28/02/2019

O equipo feminino, Muralla-Campus Ourense, logo da vitoria na pasada xornada diante de Lalín, asegúrase tamén o segundo posto e o pase á final da Liga Galega diante do segundo XV de CRAT.

A final que se disputará a fin de semana do 2/3 de marzo na casa de CRAT B suporía para o campión a clasificación para a fase de ascenso a División de Honor estatal pero dado que CRAT conta co primeiro equipo en División de Honor non pode disputar dita fase, tendo deste xeito o Muralla asegurado dito pase aínda perdendo na final.

Desde a Escudería Miño desexamos moita sorte para os vindeiros compromisos.



Artigos relacionados