Please enable JS

Inscripcións

Toda persoa que desexe participar no 40º Rallye San Froilán deberá inscribirse mediante o formulario online da páxina web da Federación Galega de Automobilismo, no seguinte enlace.

Inscripción Online

ANTES DAS 20,00 h. Do DIA 18 de outubro de 2018

 

Os datos relativos ó copiloto poden ser completados ata o día 25 de OUTUBRO de 2017.

Para cumprimentalas follas das inscricións terase que indicalo nome, apelidos, e número da  licencia do membro que faga as labores de asistencia.

O licenciado que se designe como asistencia, de cada participante, non pode desempeñar a   mesma función de asistencia para outro participante.

Todo participante que non sinale na folla de inscrición o nome, apelidos, e licencia da súa asistencia, nos termos antes establecidos será penalizado no inicio das probas, nos Campionatos antes mencionados, coa “non autorización a tomala saída”.

O nº de inscritos fíxase nun máximo de 150 vehículos.

Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos únicamente mediante ingreso ou transferencia na conta corrente nº ES16 2080 5152 5030 4003 2558 - ABANCA.

Os dereitos de inscrición serán incrementados en 20€ en concepto de instalación dun dispositivo GPS en cada vehículo por motivos de seguridade. 

Admitiranse únicamente as inscripcións feitas mediante o formulario online ou as enviadas por correo electrónico a inscripcioneslugo@gmail.com.

NON SE DEVOLVERÁN OS DEREITOS DE INSCRICIÓN A NINGÚN PARTICIPANTE UNHA VEZ PECHADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN.