
Escudería Miño (Lugo)
1 de xaneiro de 1.969, ao redor dunha ducia de afeccionados ao motor, integrado polos responsables de varios concesionarios de coches, empresarios do sector, e afeccionados en xeral, crean a Escudería Miño Lugo. O seu primeiro presidente foi o xornalista Francisco Rivera Manso.
Desde o primeiro momento acordouse non cobrar cota de ningún tipo aos socios, medida que segue vixente na actualidade, sendo a cargo exclusivamente da Xunta Directiva o lograr o orzamento preciso para organizar competicións.
A nivel organizativo, a Escudería Miño Lugo, foi a fundadora das subidas a Chantada, a Paradela, a Alfoz e ao Veral e xa en 2010 a 1ª Subida Muralla de Lugo, na capital da provincia.
Organizáronse así mesmo os seguintes rallyes:
- Rallye de Corpus, Rallye feminino aos Ancares, Rallyes humorísticos a Portomarín e a Friol, e desde o ano 1978 ata á actualidade o Rallye San Froilán de Lugo.
- Así mesmo fomos pioneiros na provincia na organización de “slalom” de competición, o primeiro no mesmo centro de Lugo capital, con varias edicións e outros na provincia como en Foz.
- Efectuáronse 4 “Rutas turísticas” por toda a provincia e cunha gran resposta de participantes.
- Efectuáronse 5 Xuntanzas de pilotos lucenses, con equipos de toda a provincia e que constituíron un grande éxito en todas as súas edicións.
Na actualidade centrámonos pola súa gran transcendencia e dificultade, na organización do RALLYE SAN FROILÁN, dedicándolle ao mesmo practicamente todo un ano de traballo.
Así mesmo, e durante a etapa en que celebrabamos o Campionato de España de Rallyes, fixemos ao mesmo tempo, durante 7 anos, o CAMPEONATO DE RALLYES DE TIERRA, sendo a única escuadra de España en efectuar un dobre rallye puntuable durante tanto tempo seguido.
Aparte, faise labor de formación de Federados para poder actuar no Rallye con cursos de formación e constante actualización en medidas de seguridade, novas normas, etc.
Na actualidade, a xunta directiva da Escudería Miño Lugo, está formada polos seguintes membros: