Please enable JS

Datos Proba

A Escudería Miño - Lugo organiza o 41º Rallye San Froilán que se desenrolará os días 25, 26 e 27 de outubro do ano 2019. Este Rallye disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2019, as prescricións comúns para Rallyes, o regulamento xeral, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), as prescricións xerais aplicadas a tódolos Campionatos e Copas F.I.A., no seu caso, as condicións de organización comúns ós Campionatos do Mundo, de Europa e de España de Rallyes e os Regulamentos Xerais dos mesmos, aprobado pola Federación Galega de Automobilismo.

A Proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo nº: GA-036-RA 

O 41º Rallye San Froilán é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:

  • Campionato de Galicia de Rallyes para pilotos ( (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).
  • Copa de Galicia de Rallyes para navegantes  (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).
  • Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 1
  • Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 2
  • Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 3
  • Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 4
  • Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 5
  • Copa de Galicia de Rallyes para Escuderías.  (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).
  • Copa de Galicia de Rallyes para marcas de pneumáticos. (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).
  • 10ª Copa Top Ten Pirelli - Castrol
  • 14º Volante FGA Galicia
  • 10ª Copa Pirelli AMF Motorsport
  • 5ª Copa Iniciación Recalvi.
  • 1ª Copa de Galicia Technoshock

E as que designe a FGA

O 41º Rallye San Froilán consta dun percorrido de 379,005  Kms., dos cales 91.310 Kms. corresponden a 8 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en 2 Etapas e cinco seccións. O rallye contará con 4 parques de asistencia.

Nos Rallyes puntuables para o Campionato de Galicia serán admitidos os vehículos seguintes:

  •  Vehículos Grupo A ata 1600 cc. dacordo ó artigo 255 do Anexo J da FIA.
  •  Vehículos Grupo A dacordo ó artigo 255 e 255A (WRC 1.6) do Anexo J da FIA.
  •  Vehículos Grupo N dacordo ó artigo 254 do Anexo J da FIA.
  • Vehículos S‑2000 dacordo ó artigo 254A do Anexo J da FIA.
  • Vehículos R1, R2, R3C, R3T, R3D, R4, R5, dacordo cos artigos 260, 260D e 261 do Anexo J da FIA.
  • Admitiranse os vehículos do Grupo "X", “G”, N5 (Maxi Rallye), e N6 (Maxi Rallye Galego).
  • Os vehículos admitidos no Grupo H serán tódolos que pertenceron ó antigo "Anexo J", do ano 1981 inclusive. Os vehículos que sexan, posteriores, pero de interese para o automobilismo galego, terán que solicitala súa inclusión á Comisión Técnica da Federación Galega de Automobilismo. Si foran admitidos seralle expedido o "pasaporte de histórico" correspondente.
  • Ningún vehículo poderá participar en ningún rallye sen o "pasaporte administrativo" (X, G, H, N5 e N6) expedido pola Federación Galega de Automobilismo.