Accesos público

Accesos público ( descargar)


ACCESOS I SUBIDA MURALLA DE LUGO

Oscar Castro

1. Saindo de Lugo pola N-VI dirección A Coruña, no poligono do Ceao, na rotonda do km 505,3 collemos á esquerda coa indicacion Meilan, a 200 m seguimos pola dereita. Baixamos sen desviarnos pola estrada aglomerada 900 m, no stop collemos á esquerda e a 1 km chegamos á

saida, contando cun aparcamento neste lugar.

 

2. Outra opcion na N-VI está no km 507,2, saindo do Ceao, un cruce á esquerda coa indicacion Friol, seguimos pola LU-234 sen desviarnos durante 3,650 km onde collemos á esquerda pola indicacion Orbazai, a 1 km seguimos pola esquerda co sinal de 20t; seguimos pola estrada principal e a 4,250 km chegamos á subida.

 

3. Máis opcións estan saindo pola N-540 direccion Ourense, xusto antes do km 2, o pasar unhas gasolineiras repsol, collemos á dereita por unha estrada sen indicacion, a 50 m seguimos pola dereita, a 200 m ó pasar por xunto unha fabrica de pensos seguimos de frente por unha pista de terra en bo estado, a 800 m pasamos unha ponte entrando en asfalto, a 50 m pola dereita e a 200 collemos cara á esquerda, a 100 m vamos pola dereita, a 250 mm collemos pola esquerda e seguindo por esa estrada aglomerada chegamos á subida, ó punto 3, tras 700m.

 

4. A outra opcion dende a N-540 está no km 3,1 nun cruce á dereita coas indicacións Friol, Portomarin, a 300 m collemos á esquerda cara Friol, seguimos pola LU-232 e a 1,9 kms collemos á dereita nun cruce sen indicacion cun sinal de stop ó reves, seguimos por esa pista 1,5 kms, logo collemos á dereita e a 300 m seguindo pola dereita chegamos á zona de meta.

 

5. Ainda teriamos outra opcion se en vez de ir cara a meta á dereita collemos á esquerda, a 200m collemos á dereita coa indicacion Adai e a 2,250 kms chegamos á subida.

 

accesos