Inscripcións

Inscripción Online

Descarga do formulario

 

 Toda persoa que desexe participar no 39º Rallye San Froilán deberá remiti-la solicitude de inscrición, debidamente cumprimentada, á secretaría do Rallye, sita en:

 

ESCUDERIA MIÑO – LUGO , C/ Divina Pastora 2, baixo  27004- LUGO

Tel. 982 81 22 90 - Fax  982 81 22 90 MAIL: inscripcioneslugo@gmail.com

ANTES DAS 20,00 h. Do DIA 19 DE OUTUBRO DE 2.017

 

Os datos relativos ó copiloto poden ser completados ata o día 27 de OUTUBRO de 2017.

 Para cumprimentalas follas das inscricións terase que indicalo nome, apelidos, e número da  licencia do membro que faga as labores de asistencia.

 O licenciado que se designe como asistencia, de cada participante, non pode desempeñar a   mesma función de asistencia para outro participante.

 Todo participante que non sinale na folla de inscrición o nome, apelidos, e licencia da súa             asistencia, nos termos antes establecidos será penalizado no inicio das probas, nos Campionatos antes mencionados, coa “non autorización a tomala saída”.

 

O nº de inscritos fíxase nun máximo de 150 vehículos.


Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos únicamente mediante ingreso ou transferencia na conta corrente nº ES16 2080 5152 5030 4003 2558 - ABANCA

 

Os dereitos de inscrición serán incrementados en 20€ en concepto de instalación dun dispositivo GPS en cada vehículo por motivos de seguridade. 


Admitiranse únicamente as inscripcións feitas mediante o formulario online ou as enviadas por correo electrónico a inscripcioneslugo@gmail.com

 

 

NON SE DEVOLVERÁN OS DEREITOS DE INSCRICIÓN A NINGÚN PARTICIPANTE UNHA VEZ PECHADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN.