Datos da Proba

 

 

A Escudería Miño - Lugo organiza o 39º Rallye San Froilán que se desenrolará os días 27,28 e 29 de outubro do ano 2017. Este Rallye disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2017, as prescricións comúns para Rallyes, o regulamento xeral, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), as prescricións xerais aplicadas a tódolos Campionatos e Copas F.I.A., no seu caso, as condicións de organización comúns ós Campionatos do Mundo, de Europa e de España de Rallyes e os Regulamentos Xerais dos mesmos, aprobado pola Federación Galega de Automobilismo o día 25 de setembro de 2017.

 

A Proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo nº: GA-043-RA.

 

O 39º Rallye San Froilán é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:

 

 

·         Copa de Galicia de Rallyes para pilotos ( (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).

·         Copa de Galicia de Rallyes para navegantes  (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).

·         Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 1

·         Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 2

·         Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 3

·         Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 4

·         Copa de Galicia de Rallyes para Agrupación 5

·         Copa de Galicia de Rallyes para Escuderías.  (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).

·         Copa de Galicia de Rallyes para marcas de pneumáticos. (Agrupacións 1, 2, 3,4 y 5).

·         8ª Copa Top Ten Pirelli - Castrol

·         12º Volante FGA Galicia

·         8º Copa Pirelli AMF Motorsport

·         2ª Copa Iniciación Recalvi.

 

E as que designe a FGA

 


O 39º Rallye San Froilán consta dun percorrido de 413,675 Kms., dos cales 94 Kms. corresponden a 8 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en1 Etapa e catro seccións. O rallye contará con 4 parques de asistencia.

 

 

Nos Rallyes puntuables para o Campionato de Galicia serán admitidos os vehículos seguintes:

 

 • Vehículos Grupo A ata 1600 cc de acordo có artigo 255 do Anexo J da FIA.

 • Vehículos Grupo A de acordo có artigo 255 e 255A (WRC 1600) do Anexo J da FIA.

 • Vehículos Grupo N de acordo có artigo 254 do Anexo J da FIA.

 • Vehículos S‐2000 de acordo có artigo 254A do Anexo J da FIA.

 • Vehículos R1, R2, R3C, R3T, R3D, R4,R5 de acordo cos artigos 260, 260D e 261 do anexo J da FIA

 • Admitiráse aos vehículos do Grupo "X",“G”, N5 (Maxi Rallye) e N6 (Maxi Rallye Galego).

 • Os vehículos admitidos no grupo H serán tódolos que pertenceron ao antigo "anexo J", do ano 1981 inclusive. Os vehículos que sexan posteriores, pero de interese para o automobilismo galego, terán que solicitar a súa inclusión á comisión técnica da Federación Galega de Automobilismo. Si foran admitidos seralle expedido o "pasaporte de histórico" correspondente. Ningún vehículo poderá participar en ningún rallye sen o "pasaporte administrativo" (X, G, H, N5 e N6) expedido pola Federación Galega de Automobilismo.