- I Subida A Pontenova
- Escudería
- Rallye San Froilán
- Noticias Rallye San Froilán
- Noticias Rallye San Froilán: Edicións Anteriores
- Organización
- Programa
- Complementos
- Regulamento
- Inscripcións
- Lista de inscritos
- Horario dos treitos
- Acceso a treitos
- Mapas treitos
- Normas de seguridade
- Caravana de seguridade
- Patrocinadores
- Hoteis
- Prensa
- Palmarés
- Galerías
- Rallye Online
- Historia
- Subida Muralla de Lugo
- Xuntanza Automobilismo
- Noticias
- Contacto
- Páxinas Amigas
- Apertura de inscripcións
Organización
Organización
A Escudería Miño - Lugo organiza o 33º Rallye San Froilán que se desenrolará os días 2,3 e 4 de setembro do ano 2011.
Este Rallye disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2011, as prescricións comúns para Rallyes, o regulamento xeral, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), as prescricións xerais aplicadas a tódolos Campionatos e Copas F.I.A., no seu caso, as condicións de organización comúns ós Campionatos do Mundo, de Europa e de España de Rallyes e os Regulamentos Xerais dos mesmos, aprobado pola Federación Galega de Automobilismo o día 2 de agosto de 2011.
A Proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número: GA-047-RA
Puntuabilidade
O 33º Rallye San Froilán é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:
• Campionato de Galicia de Rallyes sobre Asfalto (Grupos N, A e X), con coeficiente 8.
• Copa de Galicia de Rallyes para Pilotos (Grupos N, A e X).
• Copa de Galicia de Rallyes para Navegantes (Grupos N, A e X).
• Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo "N".
• Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo "A".
• Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo "X".
• Copa de Galicia de Rallyes para Escudarías (Grupos N, A e X).
• Copa de Galicia de Rallyes para Marcas (Grupos N e A).
. Copa Top Ten Driver Pirelli 2011
• Volante RACC – Galicia 2011.
• Copa Kumho 2011
• Copa Racing Sport 2011
E as que designe a F.G.A.
Descrición do Rallye
O 32º Rallye San Froilán consta dun percorrido de 451,700 Kms., dos cales 90,260 Kms. corresponden a 9 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico; está dividido en 2 Etapas e cinco seccións. O Itinerario - Horario figura no Anexo III do presente Regulamento. No carné de Control, e no Libro de Ruta constan detallados o percorrido, Etapas e Seccións así como os controis horarios, controis de paso, neutralizacións e reagrupamentos. O rallye contará con 5 parques de asistencia.
Vehículos admitidos
Nos Rallyes puntuables para o Campionato de Galicia serán admitidos os vehículos seguintes:
Vehículos Grupo A ata 1600 cc.dacordo ó artigo 255 do Anexo J da FIA
Vehículos Grupo A dacordo ó artigo 255 do Anexo J da FIA
Vehículos Grupo N dacordo ó artigo 254 do Anexo J da FIA
Vehículos Grupo S2000 dacordo ó artigo 254A do Anexo J da FIA
Vehículos R1, R2,R3C, R3T, R3D, R4 dacordo cos artigos 260 e 260D do Anexo L da FIA (conforme ao regulamento 2009 da F.I.A.).
Admitiranse os vehículos do grupo “X”, segundo normativa da F.G. de A., incluindo os vehículos de Gran Turismo, dacordo cos Regulamentos Técnicos NGT, GT, e RGT.
Os efectos de puntuación, os vehículos admitidos dividiránse nas seguintes clases de cilindrada:
|
GRUPO N |
|
GRUPO R |
|
|
CLASE 2 |
Ata 1600 c.c. |
R1A, R1B |
De 1400 c.c. ata 1600 c.c. |
|
CLASE 3 |
De mais de 1601 c.c. ata 2000 c.c. |
|
|
|
CLASE 4 |
De máis de 2001 c.c. |
|
|
|
GRUPO A |
|
GRUPO R |
|
|
CLASE 7 |
Ata 1600 c.c. |
R2B |
De 1400 c.c. ata 1600 c.c. |
|
CLASE 8 |
De mais de 1601 c.c. ata 2000 c.c. |
R2C, R3C |
De 1600 c.c. ata 2000 c.c. |
|
CLASE 9 |
De máis de 2001 c.c. |
R3T,R3D,R4 |
|
|
GRUPO X |
|
PROVINTES DE GRUPO “N”-“A” |
|
|
CLASE 12 |
Ata 1300 c.c. |
|
|
|
CLASE 13 |
De mais de 1301 c.c. ata 1500 c.c. |
|
|
|
CLASE 14 |
De máis de 1501 c.c. ata 2000 c.c. |
|
|
|
CLASE 15 |
De mais de 2001 c.c. |
GT – NGT - RGT |
|
A tódolos efectos, considérase constituída unha clase, coa saída dun so vehículo.